Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Punto Xuvenil - Reforzo educativo |

Introdución:

A prevención de drogodependencias, como marco xeral de actuacións, constitúe unha rede dinámica de estratexias, que ten como obxectivo eliminar ou reducir ao máximo a aparición dos problemas relacionados co consumo de drogas.

Unha destas estratexias pretende ser o reforzo educativo dos adolescentes, dos alumnos de primaria e das persoas adultas.

Os principais obxectivos desta estratexia de intervención educativa son os de fomentar os hábitos de estudo, aumentar a baixa autoestima académica e persoal, reforzar a comprensión de coñecementos académicos en determinadas materias, adestrar a concentración e a atención , aprender a organizarse á hora de estudar ou facer tarefas, desenvolver a confianza en sí mesmos e asumir responsabilidades e sobre todo, desenvolver a súa intelixencia emocional.

Reforzo educativo de primaria:

* Dirixido ós rapaces que están sendo formados en educación primaria.

* As clases impártense de luns a venres en horario de tarde, no Punto de Información Xuvenil e Comunitario.

* Na actualidade hai 15 prazas


Reforzo educativo de secundaria:

* Este subprograma diríxese aos mozos e mozas con idades comprendidas dende os 12 ós 16 anos, que están cursando a Educación Secundaria Obligatoria con baixos resultados escolares.

* Impártense as clases os martes, xoves e venres en horario de 18:00 a 21:00h no Centro Social Díaz *Na actualidade hai 7 prazas.


Reforzo educativo de persoas adultas:

* Dirixido ás persoas que están a estudar para a adquisición do título de educación secundaria e que xa superaron a idade de escolaridade obrigatoria.
Ademáis está aberto a aquelas persoas que desexen reforzar algún aspecto da súa formación inicial.

* As clases impártense no Punto de Información Xuvenil e Comunitario en horario de tarde, aínda que o horario adáptase ás necesidades dos usuarios.

* Na actualidade hai 5 prazas.

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h