Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Punto Xuvenil - 2008 2009 |

null
null
null
null

PUNTO XUVENIL

Do 24 de Agosto ao 11 setembro de 2009

De luns a venres de 18:00 a 20:00 horas

Actividades de lecer dirixidas aos máis novos: dinámicas grupais, xincanas, xogos populares... que serán conducidas por monitores

PUNTO XUVENIL

De luns a venres de 17:00 a 20:30 horas

Praza do Castiñeiro. Teléfono 982 214 033

PLANETA 13

VIDEOFORUM INFANTIL

Verán 2009

PROGRAMACIÓN PARA XULLO

LOCAL SOCIAL DÍAZ CASTRO

MÉRCORES DE 18:00h a 20:00h

  • Mércores 1 xullo: “MOMO”
  • Mércores 8 xullo: Los Lunnis y su amigo D. Quijote (I parte)
  • Mércores 15 de xullo: Los Lunnis y su amigo D. Quijote (II parte)
  • Mércores 22 de xullo: Los Lunnis y su amigo D. Quijote (III parte)
  • Mércores 29 de xullo: Los Lunnis y su amigo D. Quijote (IV parte)

Fai catro anos que dende o Servizo de Prevención de Drogodependencias se ven usando o recurso da imaxe como ferramenta pedagóxica.

Temos en conta que a prevención de drogodependencias é un conxunto de estratexias cas que se pretende dotar á poboación de instrumentos que lle axuden a enfrontarse ás distintas situacións que nos presenta a vida.

A imaxe en movemento resulta ser un medio suxestivo para a reflexión.

Comprobámolo ó longo destes 4 anos, que a través do cine vivencianse emocións e situacións; propicia poñerse no lugar do outro e sentir cómo éste o pode estar pasando, en definitiva incentiva a comprensión do outro desenvolvendo a empatía.

A empatía forma parte da bondade do seres humanos.

Ante unha sociedade preocupada en exceso, de todas as catástrofes que suceden no mundo, sen facer unha lectura da noticia, ésta sobreinformación pódese converter en inimigo das conciencias das persoas.

No videoforum infantil queremos dotar ós pequenos de ferramentas para a construción da súa propia opinión e ofrecer un espazo para pensar, reflexionar e interactuar en grupo ou individualmente. É un exercicio de reforzo das nosas potencialidades e valores humanos.

O medo que levamos dentro, supérase, cando dende cativos reforzamos a nosa conciencia crítica, a visión das situacións dende moitos puntos de vista e desenvolvemos os valores fundamentais como son a bondade, a xustiza, o respeto.

A través do videoforum infantil queremos iso. Durante 10 sesións repartidas polos meses de verán, xullo, agosto e setembro, traballaránse os valores que desprenden as películas, decodificando a linguaxe das imaxes e así enriquecer os criterios de xuízo dos pequenos.

As sesións levaránse a cabo no Local Social Díaz Castro, todos os mércores de 18:00h a 20:00h.

Unha monitora introducirá ós pequenos na película e o finalizar o visionado faranse dinámicas acerca dos contidos do filme.

Este novo ciclo comezará ca fantástica versión de Enzo D´Alò sobre a novela de Michael Ende da súa “MOMO”.

 

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h