Inicio
facebook twitter tuenti
Concello de Lugo Injuve
Radares Xuvenis
-
Centros Municipais de Xuventude
A cidade conta con varios espazos adicados especialmente a xente coma ti, visítanos e coñece as posibilidades que te brindan.

ESPAZOS XUVENÍS

 

Oficina de Información Xuvenil

Centro de Convivencia Uxío Novoneyra (3º andar)
Quiroga Ballesteros, Nº 1 A
CP 27001

Teléfono: 982 297 496

E-mail: xuventude@concellodelugo.org

 Horario: mañás das 9:00 ás 14:00 horas, e tardes das 16:30 ás 19:00 horas de luns a venres.

 Na OIX atoparás toda a información destinada á xuventude: axudas, bolsas, cursos, actividades de lecer, concursos... e de todos os recursos que tes ao teu alcance!

 Ademais aquí poderás tramitar o teu CARNÉ XOVE e saber doutros carnés que che proporcionan vantaxes para viaxar, mercar, realizar actividades, etc.

 

Casa da Xuventude

Rúa Xesús Bal e Gay, s/n

27002

Teléfono: 982 297 444

E-mail: xuventude@concellodelugo.org

 O seu horario de funcionamento será de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 21.30 pola semana e de 16.30 a 21.30 os sábados.

 A Casa da Xuventude é o teu espazo. Aquí atoparás unha ampla programación de cursos formativos e de lecer durante todo o ano, unha biblioteca, un espazo de lectura e estudo, salas nas que reunirte ou realizar as túas actividades, unha zona multimedia con consolas, videoxogos e acceso a Internet, clubs de lectura, de cine...

 Aquí tamén contarás, entre outras cousas, con información de interese para ti, un punto de book-crossing, un Banco de Tempo e o Recuncho da Quedada.

 E o máis importante: un lugar de encontro onde propoñer iniciativas coas que facer deste espazo a túa Casa. Achégate a coñecelo!

 Se tes entre 14 e 35 anos, consegue o teu carné Iuventa e goza de todas as posibilidades que están ao teu alcance na Casa da Xuventude.

 

Casa da Música

Parque de Frigsa

Teléfono: 982 297 417

E-mail: cmusica@concellodelugo.org

 Se es músico, esta é a instalación que andabas buscando. Inscríbete no Censo de Grupos Musicais da Concellería de Xuventude e accede aos locais de ensaio da Casa. Están acondicionados co que precisas para poder tocar co teu grupo.

 Tamén conta cunha sala común que podes solicitar para realizar as túas actividades: reunións, concertos...

 A Casa da Música está aberta todos os días de 17:00 a 22:00 horas.

 

Punto de Información Xuvenil

Praza do Castiñeiro, s/n

CP 27004

Concellería de Xuventude Injuve