Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Formación +Xtí |

2014
  • Curso de intervención social con menores.
  • Curso de iniciaciación á creación e desenvolvemento de apps.
Prazo de inscricións: do 20 ao 31 de marzo na Casa da Xuventude.
Horario dos cursos: venres e sábados.
Poboación: mocidade de 18 a 35 anos.
Podes descargar o cartel do curso de Intervención social con menores.
Podes descargar o cartel do curso de inciación o desenvolvemento de apps.

2014

Curso taller de copilotaxe
Datas: 12 e 13 de abril de 2014.
Horario: sábado, das 9:30 ás 13:30 horas e das 16:30 ás 20:30 horas (Centro de Convivencia Uxío Novoneyra). Domingo, das 10:00 ás 14:00 horas (circuíto da Pastoriza).
Para lucenses entre 16 e 35 anos.
Inscricións: a partir do día 24 de febreiro (ata cubrir as prazas), chamando ao 010. Os menores de idade deberán presentar autorización dos pais, nais ou titores. As persoas que queden en lista de reserva terán preferencia para asistir ao 2º curso taller que se realizará ao longo deste 2014.
Podes descargar o cartel do curso de copilotaxe.

2013

Curso de Comercial de Ventas
Esta actividade que conta cun total de 50 horas, vaise desenvolver os venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas entre o 12 de abril e o 31 de maio. O número de prazas é de 20 persoas que aprenderán as mellores técnicas comercias para a venda de produtos. Un dos requisitos é ter entre 16 e 35 anos e inscribirse gratuitamente antes do 5 de abril.

Curso de Monitor de educación medioambiental
Esta actividade que conta cun total de 60 horas que se desenvolverán os venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. O número de prazas é de 15 persoas que coñecerán como realizar talleres que promovan a educación ambiental entre o 12 de abril e o 7 de xuño. Un dos requisitos é ter entre 16 e 35 anos e inscribirse gratuitamente antes do 5 de abril.

Curso de E-Comercio
Esta actividade que conta cun total de 100 horas, 60 teóricas e 40 prácticas, vaise desenvolver os venres en horario de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. O número de prazas é de 20 persoas que poderán aprender a crear unha tenda on line entre o 23 de marzo e o 12 de xullo. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse gratuitamente antes do 13 de marzo.

Curso de Pastelería
Esta actividade que conta cun total de 170 horas, 80 teóricas e 90 prácticas, vaise desenvolver os venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 09:30 a 13:30 horas. O número de prazas é de 15 persoas que poderán aprender o oficio da pastelería entre o 22 de marzo e o 14 de xuño. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse gratuitamente antes do 13 de marzo.

Curso de Director de Tempo libre
Este curso homologado pola Xunta de Galicia, de 300 horas, 150 teóricas e 150 prácticas, vaise desenvolver os fines de semana. O número de prazas é de 15 persoas que realizaran as actividades entre o 16 de marzo e o 18 de maio. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse antes do 13 de marzo.

Máis información e bases descargando a seguinte documentación:

 

 

 

 

2012

CURSO DE PANADERIA-BOLLERIA
170 horas
Inscrición: ata o 6 de marzo

CURSO DE MONITOR DEPORTIVO POLIVALENTE
do 23 de marzo ata o 7 de xullo

Coñece os módulos, número de prazas e inscrición descargando o programa.

 

PROGRAMAS +XTí (VOLVER)

 

 

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h