Logotipo
Inicio > Eurodesk

Eurodesk

O Concello de Lugo pon en funcionamento a Oficina de Información Europea, coa que pretende "achegar a Unión Europea" grazas a un técnico que atenderá no Centro de Empresas e Innovación-Nodus-Espazo Lab e tamén a través de ferramentas informáticas.

Imaxen asociada a nova

Na Oficina de Información Europea pódese consultar calquera aspecto sobre "mobilidade xeográfica", algo prioritario nun mundo tan globalizado, é necesario achegarse ó mercado comunitario para coñecelo, desprazarse temporalmente e para facer intercambios.

Eurodesk é un servizo de información sobre programas e iniciativas europeas, dirixido non só ás mozos e mozas senón tamén ós que traballan no ámbito da mocidade. Este portal centra a súa atención na información relativa ás áreas de educación e formación e xuventude co obxectivo de que te involucres nas diferentes actividades europeas.

 

En Eurodesk podes atopar información de primeira man, obtida directamente da Comisión Europea e outras axencias de similar grao. Ademais, o servizo ofréceche tamén información nacional recollida de diversas fontes polos socios dos países participantes.

Para máis información diríxete a:

Espazo Lab

Avda. A Coruña, 490

(Antigo Cuartel de Garabolos)

Tfno.: 982 297 361

espazolab@concellodelugo.org

 




Cooperación
Concello de Lugo