Logotipo
Inicio > Pacto territorial

Pacto territorial

Estrutura do Pacto Territorial

 

1.- Observatorio do mercado de traballo: É un instrumento de análise, recompilación e difusión da información relativa ó emprego dentro do eido de actuación dos Concellos pertencentes á Asociación do Pacto (38 Concellos).

Imaxen asociada a nova

Á función esencial é a de proporcionar a información actualizada da realidade sociolaboral e económica ós axentes implicados na creación, avance da usabilidade, formación, orientación e inserción laboral, circunscritos no seu eido de actuación. "O seu obxectivo é coñecer o número de traballadores parados, a súa idade, sexo e formación, para poñer fin a esta situación de desemprego".

 

2.- Base de datos das empresas: Creación e actualización permanente da composición do tecido empresarial de Lugo, co fin de determinar as súas necesidades laborais, formativas, económicas, etc.. que sirva de base ós axentes no eido do Pacto Territorial.

 

3.- Mapa de servizos.- Elaboración do mapa de recursos existentes en materia de políticas activas de emprego, tendo en conta todas as institucións e entidades, tanto públicas cómo persoais, implicadas nestas políticas, tales cómo axentes, oficinas de emprego, asociacións sen ánimo de lucro, etc...

 

4.-Plan captación de empresas.- Procederase a recompilar a información dispoñible por cada un dos concellos respecto o solo industrial e comercial e as súas características, así como os incentivos dos que podan beneficiarse das distintas administracións (Xunta de Galicia, Concellos, organismos, etc...), tendentes a súa implantación no ámbito del Pacto Territorial.

 

Historia do Pacto Territorial

 

O Pacto Territorial de Emprego de Lugo, naceu en decembro do 2007 coa misión de planificar políticas laborais. Alcaldes e representantes municipais dos 38 concellos da zona centro da provincia, xunto con responsables sindicais e empresariais de dito área, subscribiron naquela data o primeiro dos catro Pactos Territoriais de Emprego da Consellería de Trabajo.

En maio deste ano constituíuse en Lugo a Asemblea da Asociación Impulsora do Pacto que conta cos seguintes órganos:

 

-Presidente: D. José Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo. -Vicepresidentes: D.Joaquín Muñoz Ayala, Director da Oficina de Emprego de Lugo por parte da Consellería de Traballo; D. Jaime Luis Lopez Vazquez, Vicepresidente da Confederación de Empresarios de Lugo; D. Jesús Castro Baamonde, Secretario de CC.OO. de Lugo.

 

-Vogais: D. Claudio Melquiades Garrido Martínez, Alcalde de Sarria; D. Argelio Fernández, Alcalde da Fonsagrada; D. José Pardo Lombao, Alcalde de Outeiro de Rei; D. José Mª López Rancaño, Alcalde de Abadín; D. José Antonio Vázquez, Alcalde de Begonte.

 

Ó Pacto Territorial de Emprego de Lugo pertencen os Concellos de: Abadín, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Friol, Xermade, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Navia de Suarna, Negreira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Ribeira de Piquín, Samos, Rábade, Sarria, Triacastela e Vilalba.

 

Para dar os primeiros pasos cara á posta en marcha do Pacto, considerouse que a figura xurídica máis acomodada para levalo a cabo era unha asociación. Así, a Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Lugo naceu o día 20 de febreiro do 2008, e asinaron o acta fundacional da mesma os Concellos de:

 

Lugo, Guntín, Xermade, Begonte, Friol, Sarria, Navia de Suarna, Láncara, Monterroso, O Páramo, Abadín, Becerreá, Pol y Castroverde.

 

E as organizacións sindicais:

 

UGT, Comisiones Obreras e CIG.

ANÁLISE SITUACIÓN INICIAL.pdf
Indicadores Poboacionais Concello de Lugo.pdf
Paro rexistrado por sexo idade e sector Xan_Dic 2008.pdf
Contratos por sexo tipoloxía e sector Xan_Dec 08.pdf
Informe Paro Feb 09.pdf
Paro rexistrado por sexo idade e sector Xan_Feb 2009.pdf
Contratos por sexo tipoloxía e sector Xan_Feb 09.pdf
Contratos realizados xuño 2010.pdf
Contratos realizados xullo 2010.pdf
Contratos realizados agosto 2010.pdf
Contratos realizados setembro 2010.pdf
Contratos realizados outubro 2010.pdf
Datos paro Lugo xaneiro 2010.pdf
Datos paro Lugo marzo 2010.pdf
Datos paro Lugo abril 2010.pdf
Datos paro Lugo maio 2010.pdf
Datos paro Lugo xuño 2010.pdf
Datos paro agosto 2010 no pacto de Lugo.pdf
Datos paro rexistrado setembro 2010.pdf
Datos paro mes setembro 2010 Galicia.pdf
Datos paro rexistrado outubro 2010.pdf
boletín informativo 5.pdf




Cooperación
Concello de Lugo