Logotipo
Inicio > Guía básica de orientación laboral

Guía básica de orientación laboral

Atopar un traballo hoxe en día non é fácil, e non falemos xa si se trata dun traballo que se adapte as nosas necesidades, á formación que temos, etc… Por iso, con esta guía o que se pretende é que, cando atopes a oferta dese traballo ideal, teñas recursos para poder optar ó posto e non te quedes atrás por non saber redactar unha carta de presentación ou facer ben un currículo. É importante tamén que prepares ben a entrevista de traballo xa que é dos pasos máis importantes para optar a un posto determinado. Nesta guía atoparás as preguntas máis comúns que se soen presentar.

Imaxen asociada a nova

CARTA DE PRESENTACION

 

CURRICULUM VITAE

 

ENTREVISTA DE SELECCIÓN

 

BUSCA DE EMPREGO:

    • Novas tecnoloxías.
    • Oferta pública de emprego.
    • Conta propia.
    • Conta allea.

 

 

 

 

 

CARTA DE PRESENTACION

 

 

A carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, coa finalidade de presentar unha candidatura a unha empresa. 

 

Coa carta de presentación temos que suscitar o interese necesario a quen a le, para que desexe ler despois o currículum vítae ó que acompaña.

 

Por elo, ten unhas características determinadas en canto a súa elaboración:

 

·      Debe ser curta: Non debemos cansar nin aburrir ó lector.

 

·      Debe ser ordenada: Trataremos de evitar que o lector teña que ler varias veces a nosa carta para facerse unha idea do que queremos dicir.

 

·      Debe ser clara: Esta claridade lograrémola mediante a estrutura que demos á carta.

 

·      Debe ser directa: Nada de dar voltas sobre unha mesma idea, nin repetir datos do C.V. O noso obxectivo é chamar a atención para que sexa o lector quen logo desexe lelo.

 

Coa carta de presentación o que faremos é “vendernos”. Somos á vez comercial e produto e por elo debemos intentar satisfacer ó cliente.

 

Non debemos ser pedantes cos nosos logros, nin polo contrario dar mágoa a quen o le. Debemos facernos valer e amosar que nos necesitan.

 

Existen distintos modelos de carta, dependendo do obxectivo específico da mesma.

 

Cando atopamos un anuncio en prensa, ou nun boletín, etc., é dicir, cando vemos unha oferta de emprego que nos interesa publicada, enviaremos unha carta de contestación ó anuncio. O máis importante deste modelo de carta, é que fagamos referencia exacta ó lugar e data onde localizamos a oferta.

 

Cando nos interesa que o noso currículum sexa estudado nunha determinada empresa, pero non vimos ningún anuncio que nos diga que necesitan persoal, entón debemos enviar unha carta de auto candidatura, tamén chamada de candidatura espontánea.

 

Ademais é importante a carta de agradecemento, unha vez que participamos nun proceso de selección. Esta carta sirve para agradecer a atención prestada durante dito proceso, a vez que amosar que seguimos interesados en formar parte do persoal da empresa.

 

En canto á imaxe, debemos ter en conta os seguintes aspectos básicos.

 

·      Debemos presentar a carta nun só folio e escrito a ordenador (si non no lo piden a man) e por una soa cara. 

 

·      Sempre enviaremos orixinais. Ademais debemos reflectir en cada carta, o nome e os datos identificativos da empresa á que enviamos o noso curriculum e firmaremos cada unha das cartas que enviemos. Debemos facer ver que nos tomamos a molestia de enviar unha carta personalizada a cada empresa, demostrando así o noso interese.

 

·       É unha gran vantaxe coñecer á atención de qué persoa determinada debemos enviar a carta, para que esta chegue ás mans adecuadas o máis rapidamente posible. Si descoñecemos o nome da persoa responsable, dirixiremos a carta ó departamento de Recursos Humanos da empresa que nos interese.

 

 

 

CURRICULUM VITAE

 

 

O Curriculum vitae (C.V.) é a ferramenta básica da busca de emprego. Trátase de redactar de forma clara e visualmente rechamante, a nosa traxectoria profesional, os nosos intereses e as nosas actitudes e habilidades persoais. 

 

En canto á redacción: debe ser breve, clara, con frases que non sexan moi longas, esquemático y organizado.

 

Do que se trata cun C. V. é que lelo, a persoa a quen se lle dirixe, sexa capaz de saber todos os datos máis interesantes de cara o posto de traballo, cun só golpe de vista. Para elo axudarémonos das letras en negriña e das maiúsculas.

 

 

CURRICULUM CONSELLOS Á HORA DE REALIZAR O CURRICULUM

 

• Substituír a data de nacemento pola idade.

• Ordenar a información de presente a pasado.

• Non envíes xamais os certificados de estudos nin os de "boa conduta".

• Indica as túas motivacións e intereses profesionais.

• Non poñas nunca as túas expectativas salariais.

• Redáctao pensando no posto ó que optas ou no teu obxectivo profesional.

• Acompaña sempre cunha foto.

• Si tes un nivel baixo en idiomas ou informática, non poñas nada, pois iso pódete prexudicar.

• Pon sempre a duración (datas) dos estudios e traballos realizados.

• Debes ser sincer@ e non abuses dos eloxios; ante todo humildade.

• Utiliza unha linguaxe directa e positiva sempre en terceira persoa, nunca en primeira.

• Utiliza un vocabulario preciso pero sinxelo.

• Coida que non teñas faltas de ortografía.

• Debe resultar fácil de ler (destaca os títulos e subtítulos).

• Non debe ocupar máis de dúas páxinas (si superas este límite, elimina toda información que non estea relacionada de algunha xeito co posto buscado) e en todo caso inclúe un anexo.

• Revisa que destacaches os teus puntos fortes.

• Os datos que inclúas por suposto deben ser certos e coherentes co posto que buscas.

 

 

ESTRUCTURA

 

Datos persoais

 

Inclúe o teu nome e apelidos, dirección onde resides, teléfono de contacto, e-mail e data de nacemento. Non é necesario indicar o teu estado civil.

 

Formación académica:

 

Estudios e títulos obtidos, indicando centro de estudios, localidade e datas. (Estrutura a información por orden cronolóxico descendente e dicir, primeiro o máis recente.)

 

Formación complementaria:

 

Estudios ou prácticas realizadas que complementen a túa formación académica. Aquí debes indicar cursos ou seminarios con relevancia para o posto solicitado, indicando o número de horas de duración. Non convén sobrecargar este apartado xa que poñer moitos cursos pode ensombrecer os realmente importantes. Indica só aqueles que sexan relevantes de cara ó posto buscado.

 

Experiencia Profesional:

 

Aquí detallaremos o posto, nivel, empresa e organismo para o que traballamos, así como as funcións máis importantes ou relacionadas co posto ó que optamos e as datas de inicio e fin. Tamén situaremos aquí as prácticas da carreira, traballos non remunerados, voluntariado, etc, que máis se acheguen a aquela labor que desenvolveremos na empresa que le o noso curriculum vitae.

 

Idiomas:

 

Nivel (falado, escrito, lido) e si tes algún curso ou estancia no estranxeiro que o acredite.

 

Coñecementos informáticos:

 

Programas que manexas e para qué os utilizaches.

 

Outros datos de interese.

 

Publicacións, participación en eventos, neste apartado podemos incluír o noso obxectivo profesional así como 2 ou 3 habilidades ou características persoais que posuamos, sempre e cando teñan relación co posto.

 

 

ENTREVISTA DE SELECCIÓN

 

 

É a parte máis importante do proceso de selección e a última fase antes da decisión por parte da empresa, por elo temos que ter moi claro non só o obxectivo da empresa senón tamén o noso.

A empresa tratará de saber máis de ti e de comprobar detalles, pescudar si es o adecuado para o posto, descubrir si podes, sabes e queres ocupar o posto e si es compatible coa empresa.

 

Nos temos que demostrar o que sabemos, que podemos e queremos o posto.

 

 

 

BUSCA DE EMPREGO

 

Novas Tecnoloxías

 

É importante que saibades ónde facer a busca, por iso aquí aparecen algunhas páxinas para axudarvos.

 

·       www.infojobs.net

·       www.cimo.org/principal.php

·       www.laboris.net/

·       www.mercadodetrabajo.com

·       www.infoempleo.com

·       www.todotrabajo.com

·       www.contactosdetrabajo.com

 

 

Estas páxinas podes consultalas nos ordenadores dispoñibles en:

 

Espazo Lab

Avda. A Coruña, 490

(Antigo Cuartel de Garabolos)

Tfno.: 982 297 361

espazolab@concellodelugo.org

 





Cooperación
Concello de Lugo