Logotipo
Inicio > Información Europea

Información Europea

As oficinas de Información Europea nacen para poñer a disposición de todas aquelas entidades e persoas que desexen obter unha información específica sobre a Unión Europea a asistencia especializada dos centros mediante o acceso gratuíto ás fontes de información de que dispón a Comisión Europea en Internet, as súas monografías, documentos e publicacións, á lexislación e a xurisprudencia comunitaria e ós programas e as accións de financiación europeas.

Son obxectivos das oficinas:

Informar ó cidadán

Perfeccionar e reforzar os medios dispoñibles en materia de información europea no eido da poboación de Lugo, co fin de facilitar dita información do xeito máis rápido e completo posible ás persoas, entidades públicas e privadas, e acadar a maior coordinación nas tarefas de información e divulgación.

Imaxen asociada a nova

Acceso á información e á formación

Os cidadáns deben contar con centros de información próximos a súa actividade profesional ou cotián que sexan accesibles e que estean dotados dos medios técnicos e os recursos adecuados.

As oficinas deben permitir que os cidadáns, podan ter acceso á documentación europea e realizar consultas sobre calquera cuestión relacionada coa UE sen necesidade de desprazarse.

Organizar a información

As oficinas pretenden aglutinar toda a información dispoñible correspondente á Unión Europea: Centros de Documentación Europea, Centros Europeos de Información Empresarial, Centros Europeos de Información Rural e Puntos de Información Europea.




Cooperación
Concello de Lugo