Logotipo
Inicio > Presentación

Presentación

Un dos obxectivos de Espazo Lab é detectar os cambios e as novidades nas tendencias no mundo do traballo co fin de divulgar esas novas oportunidades de ocupación e dar a coñecer os sectores económicos emerxentes e as últimas competencias profesionais. O permanente contacto coas empresas facilita a actualización constante das ofertas de emprego e coñecer de primeira man as demandas do mercado laboral. Deste xeito, o Espazo Lab pode ofrecer un asesoramento innovador e axudar aos demandantes de emprego a que actualicen o seu perfil a través dunha atención personalizada e de itinerarios de formación que melloren as súas capacidades e lles facilite acceder con éxito ao mercado laboral.

Imaxen asociada a nova

Este centro  ten un antecedente directo na Escola para o Emprego, creada ao abeiro do exitoso programa “Lugo, abrindo camiños”. Seguindo unha liña aínda máis ambiciosa, Espazo Lab converteuse no lugar de referencia de todas as entidades que traballan polo emprego na cidade de Lugo e que unen as súas forzas no Pacto Territorial polo Emprego. Ademais, pola súa estratéxica situación, situado xunto ao CEI-NODUS, o antigo Cuartel de Garabolos convértese no centro de promoción de emprego e creación de empresas da cidade por excelencia.

 

A través deste servizo municipal, o Concello de Lugo ofrece máis prestacións aos demandantes de emprego poñendo a súa disposición gratuitamente unhas modernas instalacións dotadas coas tecnoloxías máis innovadoras e cun completo equipo de profesionais que lles presta unha atención personalizada. Os usuarios e usuarias atopan ferramentas informáticas para buscar emprego ou crear o seu currículo; poden consultar as ofertas máis actualizadas, así como prensa e revistas especializadas; e, ademais, asistir a cursos, seminarios e charlas sobre distintos temas relacionados co emprego.




Cooperación
Concello de Lugo