Logotipo
Inicio > Aula mentor

Aula mentor

O Aula Auxiliar Mentor do Concello de Lugo desenvolve un sistema de formación aberta, libre e a través de Internet promovido polo Programa de Novas Tecnoloxías do Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte en colaboración cun amplo número de institucións (Ministerios, Consellerías de Educación de las Comunidades Autónomas, Centros educativos, Concellos, ONGs).

Imaxen asociada a nova

Aula Mentor caracterízase pola súa flexibilidade da que se benefician todos os que participan: o alumnado planifica o seu propio itinerario formativo, determina o seu ritmo de traballo e elixe tanto o horario como o lugar onde estudiar o curso; o titor ou titora ten liberdade de horario para tutelar os/as alumnos/as dende o seu domicilio; as institucións colaboradoras adaptan a oferta formativa e os horarios da aula as necesidades de formación da súa zona e ós intereses dos/as alumnos/as.

Pódese formalizar matrícula e consultar a oferta formativa en:

Espazo Lab

Avda. da Coruña, 490

(Antigo cuartel de Garabolos)

Tfno.: 982 297 361

espazolab@concellodelugo.org

Tamén no seguinte enlace:

SOLICITUDE MATRICULA AULA MENTOR.pdf




Cooperación
Concello de Lugo