A Unión Europea é unha asociación económica e política
única no seu xénero e composta por 28 países europeos que
abarcan xuntos gran parte do continente.
A orixe da UE atópase no período posterior á Segunda Guerra Mundial. Os seus primeiros pasos consistiron en impulsar a cooperación económica coa idea de que, a medida que aumentase a interdependencia económica entre os países, diminuirían as posibilidades de conflito.
En 1958 creouse, pois, a Comunidade Económica Europea (CEE), que nun principio establecía unha cooperación económica cada vez máis estreita entre seis países: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. Posteriormente, creouse un gran mercado únicoque segue avanzando cara ao logro de todo o seu potencial.
A UE baséase no Estado de Dereito: todas as súas actividades baséanse nos tratados, acordados voluntaria e democraticamente polos países membros.