Logotipo
Inicio > Novas > PRÉSTAMOS EN COLABORACIÓN CO ICO DESTINADOS Ó...

PRÉSTAMOS EN COLABORACIÓN CO ICO DESTINADOS Ó FINANCIAMENTO DE INVESTIMENTOS NO SECTOR TURÍSTICO

11/09/2019

O Plan Renove Turismo intenta facer fronte a desaceleración económica e impulsar a rehabilitación de establecementos turísticos, buscando a mellora da calidade e sostenibilidade das nosas instalacións turísticas.

O programa articularase coa colaboración do ICO, que actuará como intermediario financeiro encargado de xestionar os fondos cedidos polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, destinados ó financiamento dos préstamos a outorgar polas entidades de crédito colaboradoras ós beneficiarios do Plan.
Poderán ser prestatarios desta liña aquelas empresas con domicilio social e fiscal en España que desenvolvan a súa actividade dentro do sector turístico español, e que vaian a realizar os investimentos financiables polo Programa. Así serán beneficiarias: as empresas propietarias ou que exploten establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, campamento turísticos, aloxamentos rurais, establecementos de restauración, axencias de viaxes, museos, balnearios, estacións termais, parques temáticos, e espectáculos culturais directamente orientados ó consumo polos turistas.
Todas as entidades financeiras poderán ser colaboradoras do Programa de acordo co disposto no mesmo e nos oportunos Convenios de Colaboración que subscriban co ICO.
Inversións financiables serán as inversións en novos activos productivos fixos materializados en infraestructuras e equipamentos.
O importe máximo do préstamo poderá acadar ata o 90% da inversión neta a financiar (impostos excluídos) e o beneficiario poderá optar por diferentes prazos de amortización que van dende 5 a 12 anos, con períodos de carencia e cun tipo de interese fixo para o beneficiario final ó 1,5% TAE.
O prazo para solicitar os préstamos comezará no momento no que o ICO declare aberta a liña de financiamento na súa páxina web (www.ico.es) e finalizará o 15 de decembro de 2009, salvo que se esgoten con anterioridade a dita data os fondos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion