Logotipo
Inicio > News > Axudas aos proxectos de consultoria externa d...

Axudas aos proxectos de consultoria externa dirixidos á analise

24/01/2011

Resolución de 17 de decembro do IGAPE

Obxecto:

  1. Serán subvencionables os proxectos de consultoría externa dirixidos á análise económico-financeira do solicitante, co obxecto de establecer as hipóteses e decisións que soporten unha viabilidade futura da empresa e obter financiamento nalgunha entidade financeira acorde coas necesidades a curto prazo da empresa.
    Os traballos de consultoría subvencionables terán que incluír o acompañamento aos empresarios ás entidades financeiras por parte dos consultores que presten os servizos.
  2. Os proxectos terán que acreditar a súa viabilidade económica e financeira.
  3. Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
A axuda en réxime de concorrencia non competitiva

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea, que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia baixo calquera forma de persoa xurídica de obxecto mercantil.

Tamén poderán ser beneficiarios as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Contías:

Os proxectos aprobados contarán cunha subvención a fondo perdido do 50% sobre o custo dos traballos de consultoría externa previstos na solicitude, co límite de 6.000 euros por proxecto, sempre que conste acreditado que como resultado do proxecto e do acompañamento dos consultores, a empresa beneficiaria obteña un financiamento en algunha entidade financeira acorde coas necesidades a curto prazo detectadas na análise e por un valor non inferior á cobertura do 50% desas necesidades.

No caso de non obter financiamento ou ser inferior ao establecido no parágrafo anterior, a subvención reduciríase ao 30% dos custos dos traballos de consultoría.

PRAZO:

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de xuño de 2011 ou no momento do esgotamento do crédito orzamentario.


604/312/976Axudas consultoria externa,0.pdf

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion