Logotipo
Inicio > Novas > Axudas a proxectos de investimentos tecnolóxi...

Axudas a proxectos de investimentos tecnolóxicos das pemes

24/01/2011

Resolución do Igape de 17 de decembro

Obxecto: Investimento tecnolóxico das pemes entre 100.000 € e 500.000 €. Axuda a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva.

Beneficiarios:

As pequenas e medianas empresas (pemes) que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan no centro radicado en Galicia algunha actividade empresarial non excluída no Regulamento (CE) nº 800/2008, xeral de exención por categorías, e acometan proxectos subvencionables.

Cumprindo os requisitos de domiciliación e actividade, poderán ser así mesmo beneficiarios:

  • As persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
  • As agrupacións de interese económico.
Sectores incentivables:

O proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha das seguintes actividades, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:
  • A extracción, procesamento, transformación ou produción de minerais, produtos enerxéticos ou os seus derivados.
  • A industria.
  • c) Actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.
  • As actividades de eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.
  • Servizos auxiliares á industria.
  • Tamén poderán ser incentivados, con especial consideración, os investimentos tecnolóxicos para a creación ou ampliación de centros de desenvolvemento, investigación, ensaios ou laboratorios, xunto con instalacións piloto e experimentación de novas tecnoloxías, vinculados ás empresas cuxa actividade principal sexa subvencionable.
Gastos subvencionables:
  • Bens de equipamento de carácter tecnolóxico: maquinaria de proceso, instalacións específicas necesarias para a súa implantación, elementos de transporte interior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto.
  • Adquisición de propiedade intelectual e industrial, podendo incluír licenzas de fabricación e patentes.


Contias:

Mínimo dun 10% e un máximo de axuda do 40% sobre os gastos subvencionables.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de xaneiro de 2011.

DOCUMENTOS ADJUNTOS:


872/827/950Investimento Tecnoloxico,0.pdf

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion