Logotipo
Inicio > Novas > Axudas para proxectos de titorización de inno...

Axudas para proxectos de titorización de innovación e competitividade nas pemes

24/01/2011

Proxectos de titorización de innovación e competitividade nas pequenas e medianas empresas consistentes en titorías presenciais en pemes, para orientar o negocio e a xestión da empresa de cara á innovación e á mellora da competitividade, mediante a inmersión na peme de profesionais da consultoría estratéxica.

REQUISITOS DO PROXECTO

As pemes solicitantes presentarán unha proposta de necesidades de titorización do seu negocio, establecéndose nun máximo de 100 horas de consultoría de titorización, sendo polo menos o 50% das horas de presenza na empresa.

  • Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, medioambiental.
  • O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
  • Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.
PRAZO DE EXECUCIÓN DE PROXECTOS:

30 de setembro de 2011

PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: O prazo de presentación desta subvención finaliza o 31 de xaneiro de 2011.

IMPORTE SUBVENCIONABLE:

Ata un máximo de 100 horas de consultoría. Subvencionase ata o 75%.

DOCUMENTOS RELACIONADOS:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion