Logotipo
Inicio > News > O Concello colabora con Cogami nun curso sobr...

O Concello colabora con Cogami nun curso sobre creación de plataformas de comercio electrónico que se imparte no CEI

02/02/2011

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou este martes un curso de Creación de plataformas de Comercio Electrónico, que organiza COGAMI, a Confederación Galega de persoas con discapacidade, en colaboración co Concello.

Inauguracion no cei nodus curso comercio electronico

O curso impártese en instalacións do CEI e, segundo explicou a Concelleira de Economía, “trátase dunha nova colaboración que leva a cabo o Concello con COGAMI e con entidades que traballan cos colectivas que máis necesitan a súa integración social”.

Méndez anunciou que “desde o Concello imos seguir impulsando este tipo de proxectos e, de feito, xa temos solicitado outra edición do programa Lugo Contigo, que deu moi bos resultados en materia de inserción de persoas con discapacidade”.

Explicou tamén a Concelleira que o obxectivo do curso “é formar a persoas nunha profesión con moito futuro como son as relacionadas coas novas tecnoloxías”. Méndez explicou ademais que “desde o Centro de Empresas se lles prestará apoio ós participantes que queiran poñer en marcha un proxecto empresarial relacionado co comercio electrónico”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion