Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| A campaña +XTI do Concello de Lugo ofrecerá unha ampla oferta de ocio para a mocidade entre os meses de setembro e maio |

04-09-09

| O obxectivo do equipo de Goberno é evitar prácticas pouco saudables promovendo actividades lúdicas atractivas para os mozos e mozas lucenses |

Foto.jpg

O Concello de Lugo continúa coas actividades de prevención de drogodependencias entre a mocidade lucense a través dunha nova campaña baixo o nome de Sábados +XTI. Esta iniciativa foi presentada esta mañá pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, que explicou que “se trata de cubrir as necesidades que teñen os rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos en materia de ocio e tempo libre”.

A Concelleira indicou que “o obxectivo é evitar prácticas pouco saudables, así como a iniciación no consumo de alcol e tabaco promovendo actividades saudables e lúdicas que resulten atractivas para a mocidade nun espazo no que socializarse e no que non se asocie o uso das drogas coa diversión”.

Entre as actividades haberá concursos, desfiles, baile libre, maquillaxe, malabares, maxia, exhibicións, concertos, deseño de camisetas, cursos de baile, festas temáticas (de Nadal, da amizade, do pixama,...), clases de hip-hop, monólogos, chistes, tattoo de henna, etc. Actividades que resulten atractivas para os mozos e mozas da cidade coas que cubrirán as súas necesidades de relacionarse cos demais nun espazo saudable.

As actividades terán lugar entre as 18:00 e as 22:00 horas todos os sábados de setembro de 2009 a maio de 2010, no local da Discoteca BOE, sito na rúa Otero Pedraio nº 20. O prezo da entrada será de 3 euros, excepto o día da inauguración no que a entrada será gratuíta (incluíndo unha consumición sen alcol).

Para inscribirse nesta actividade, deberán chamar ao teléfono de atención á cidadanía 010 (982 297 350 se chaman dende fóra de Lugo).

Por outra banda, a Concelleira indicou que se pode obter máis información na páxina web do Servizo de Prevención das Drogodependencias. Unha páxina que no último mes tivo un total de 692 usuarios e na que se realizaron 128 búsquedas diferentes. Ademais, Basadre afirmou que a colaboración do Concello de Lugo coa CICAD está a ter un bo resultado xa que son moitos os internautas de Brasil, México ou Argentina os que entran na web para coñecer o que se está a facer en Lugo en materia de prevención.

Amplia información do Programa +xtí (Máis por ti)

> Descarga o programa +xtí (máis por ti) 2009-2010

Voltar

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h