Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Máis de 7.000 persoas participaron nos programas de prevención de drogas e ocio alternativo do Concello de Lugo |

25-08-10

| A Concelleira de Igualdade e Benestar Social presentou un balance do curso 2009-2010 |

A Concelleira de Igualdade e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou o balance de participación nos programas de prevención e ocio alternativo organizados polo Servizo Municipal de Prevención de Drogas dependente da súa Concellería.

Nos talleres de prevención e intervencións realizadas con alumnos de primaria, secundaria, BAC, Menores de Asociacións e menores do Plan de Intervención Familiar, participaron 3.210 mozos e mozas.

Carmen Basadre tamén sinalou o aumento de visitas á páxina web lugo.es/prevenciondrogas, ao longo do ano 2010 e que se achegan ás 3.500 visitas. Os contidos aos que máis se accede son artigos sobre drogas e prevención, substancias e efectos, onde acudir, o glosario de termos e a información do programa de ocio alternativo +xtí. No relativo a atención familiar, a Concelleira sinalou que “en canto a asesorías, charlas, traballo con familias...chegamos a 1.359 familias neste curso”.

O Servizo Municipal de Prevención de Drogas funciona de forma continuada dende o ano 2004, sendo moi ben considerado polo Plan Nacional Sobre Drogas dependente do Ministerio de Sanidade. Conta co apoio dun psicopedagogo e un educador, e profesionais especializados para levar a cabo todos estos programas.

Carmen Basadre tamén se referiu ao traballo realizado no punto Xuvenil do Barrio do Castiñeiro “no que se está a facer un traballo moi importante en canto a reforzo educativo para os mozos e mozas e para os adultos. Nesa zona tamén se realizan actividades de ocio, que contan cunha participación moi elevada”.

Estas actividades fináncianse a través da Consellería de Sanidade e de Bens Decomisados, que subvencionan os traballos de prevención e de ocio alternativo saudable en fins de semana e vacacións, atendendo ás demandas de asociacións e entidades que colaboran con nós.

Os programas de ocio saudable está dirixidos a grupos de mozos e mozas de entre 12 e 30 anos e téñense en conta grupos con maior vulnerabilidade. Basadre referiuse ao programa do Concello de Lugo de ocio procedente de bens decomisados, “o +xtí, inclúe ocio e formación e nel participaron 4.100 mozos e mozas lucenses neste curso 2009-2010”.

A Concelleira destacou a importancia destas actividades alternativas nas que os mozos e mozas se socializan de forma saudable. Tamén anunciou que se está preparando un programa para traballar coas autoescolas lucenses para informar aos máis novos sobre como afecta o alcohol e outras drogas na condución.


III Xornadas de prevención de drogodependencias

Aproveitou ademais para presentar as III Xornadas de prevención de drogodependencias: Mediación dende o ámbito familiar, que terán lugar no Centro de Convivencia Maruja Mallo o 21 de setembro.

A inscrición, gratuíta, poderá facerse entre o 13 e o 17 de setembro a través do 010 e haberá 100 prazas.

Nestas Xornadas intervirán entre outros Víctor Pedreira, Xefe do servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra e Carmen Avendaño, Presidenta da Fundación Érguete.

> III Xornadas de Prevención de Drogodependencias

> 2010_III_xornadas_drogas_dignidade.pdf

> 2010_III_xornadas_drogas_dignidade.ppt

> 2010_III_xornadas_drogas_policia.pdf

> 2010_III_xornadas_drogas_policia.ppt

Voltar

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h