Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Presentación do Proxecto Drojnet 2 - Prevención do consumo de alcol, tabaco, cannabis e outras drogas a través das novas tecnoloxías |

06-10-10

| Trátase dun proxecto europeo de prevención do consumo de alcol, tabaco, cannabis e outras drogas a través das novas tecnoloxías. |

Foto.jpg

Trátase dun proxecto europeo de prevención do consumo de alcol, tabaco, cannabis e outras drogas a través das novas tecnoloxías.

O Goberno da Rioxa lidera o proxecto e o resto dos socios que participan son: o Goberno de Aragón, a Generalitat de Cataluña e a Asociación Bizia de Bayona (Francia).

Este proxecto púxose en marcha en setembro de 2009 e está previsto que finalice en febreiro de 2012.

Pretende a implicación dos mozos na construción das mensaxes preventivas. Utiliza un foro de internet e o envío de SMS e MMS a móbiles como ferramentas de participación dos mozos.

O proxecto traballa en dúas estratexias: a de prevención (a través do ámbito educativo) e a de redución de riscos (a través do ámbito festivo).

As principais novidades respecto ao proxecto Drojnet (que levou a cabo entre 2006 e 2008) son a creación das mensaxes preventivas polos propios novos e a inclusión de MMS (imaxes e vídeos) nos envíos.

Para máis información pódese visitar a páxina web: www.drojnet2.eu ou contactar vía e-mail: drojnet2@larioja.org

Ademais, realizouse un vídeo para difundir o proxecto no Bus Novo que organiza o Instituto Rioxano da Mocidade para desprazar aos mozos con seguridade ás festas dos principais municipios rioxanos. Pódese ver na seguinte ligazón da canle Youtube de Rioxa Saúde: www.youtube.com/watch?v=yzNN6GbNgUo

 

Voltar

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h