Logotipo
Inicio > News > O Alcalde e o Presidente da CEL presentaron h...

O Alcalde e o Presidente da CEL presentaron hoxe novos servizos para promocionar as empresas de Lugo a través da páxina web do CEI-Nodus

25/02/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da CEL, Eduardo Jiménez, presentaron hoxe os novos servizos para a promoción das empresas de Lugo que ofrece o Concello a través da web do CEI-Nodus, á que se pode acceder tamén desde a páxina do Concello, que a súa vez terá un enlace coa web da Confederación de Empresarios.

Web CEI-Nodus

Os novos servizos permitirán a todas as empresas da cidade difundir os seus eventos, tamén disporá dun directorio de empresas instaladas en Lugo e tamén se lles dará a oportunidade de dar a coñecer as súas ideas de negocio para captar apoios, tanto económico como para a busca de socio traballador ou dun experto no seu campo empresarial.

Deste xeito, o Concello tamén facilita que estean en internet ás empresas que aínda non teñen presenza nela.

Na presentación destes novos servizos que ofrece o Concello ó empresariado lucense, o Alcalde lembrou que a web do Concello, www.lugo.es, recibiu case 797.000 visitas o ano pasado e sinalou que os internautas fixeron máis de 4.820.000 descargas dela no 2010.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion