Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| A Concellería de Benestar Social e Igualdade pon en marcha o programa para adolescentes “Contigo +” |

04-03-11

| O programa "Contigo +", que dará comezo o venres día 18 de marzo, conta con actividades como cociña xoven, informática creativa e defensa persoal |

O prazo de inscrición será dende o vindeiro luns 7 ata o xoves 17 de marzo e poderá facerse a través do 010 ou no Centro de Convivencia María Balteira

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, pon en funcionamento o programa para adolescentes “Contigo +”, que se desenvolverá os venres no Centro de Convivencia María Balteira.

O Programa “Contigo +” está constituído por un conxunto de distintas actividades que teñen como finalidade ofrecer un ocio alternativo para os e as adolescentes, vanse utilizar estas actividades como unha ferramenta de aprendizaxe de valores e de coñecemento. Dentro dos obxectivos específicos o programa “Contigo +” ten o de favorecer a ocupación do tempo libre dunha maneira saudable, diferente e variada, ofrecendo unha alternativa e pretende fomentar a participación da xuventude como protagonistas da tarde propoñéndolles organizar dunha maneira activa o seu ocio.

Este programa está dirixido a adolescentes con idade comprendidas entre os 12 e 17 anos. Buscarase a implicación das distintas asociacións e ONG que traballan no eido da xuventude e adolescencia.

O Programa “Contigo +” está constituído polas seguintes actividades que se desenvolverán cada venres, dende o día 18 de marzo, con carácter rotatorio:

Cociña Xoven

Horario: Venres de 17.00 a 19.00 horas
Obxectivos:
-Promover o achegamento dos e das adolescentes á cociña.
-Aprender a elaborar pratos sinxelos e sans.
-Adquirir hábitos de hixiene alimentaria e coñecementos de nutrición e boa alimentación.
-Fomentar a corresponsabilidade doméstica.
-Promover a reciclaxe dos residuos como medida de protección do medio ambiente.
Contidos:
-Elaboración de ensaladas, pizzas saudables e diferentes maneiras de cociñar a pasta.

Informática Creativa

Horario: de 16.00 a 18.00 horas
Obxectivos:
-Promover o achegamento das novas tecnoloxías a adolescencia.
-Aprender a utilizar as novas ferramentas da informática.
-Aprender a utilizar a informática para a súa formación e para a búsqueda de traballo.
Contidos:
-Manexo de internet e correo electrónico.
-Búsqueda de información na rede.
-Perigos da informática.
-Retoque dixital.

Defensa persoal

Horario: de 17.00 a 19.00 horas
Obxectivos:
-Promover o achegamento dos adolescentes ó deporte.
-Fomentar o respecto cara os demais.
-Aprender mecanismos de defensa.
-Crear a conciencia de grupo.

O período de inscrición dará comezo o vindeiro luns 7 de marzo e prolongarase ata o xoves día 17 de marzo. A inscrición pode facerse a través do teléfono do Concello 010, no Centro de Convivencia María Balteira (982.29.74.58) de 9.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 21.00 horas.

Voltar

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h