Logotipo
Inicio > Noticias > Semana do Emprendemento 2011

Semana do Emprendemento 2011

17/03/2011

  • Vaise celebrar do 21 ó 25 de marzo organizada pola Rede Mercurio para fomentar a cultura emprendedora en Lugo

Semana emprendemento 2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polos Presidentes da Fundación CEL, Luis García Santalla; da Cámara de Comercio, Eduardo Núñez Torrón, e da Asociación de Jóvenes Empresarios, Santiago Seijas, e a Vicepresidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Pilar García Porto, presentou hoxe a Semana do Emprendemento.

Esta iniciativa, na que colabora tamén a Universidade, vaise celebrar do 21 ó 25 de marzo, organizada pola Rede Mercurio, da que forman parte entidades e institucións que promoven na nosa cidade a cultura emprendedora, segundo destacou o Alcalde quen explicou que o obxectivo da Semana “é fomentar vocacións empresariais en Lugo”.

O Presidente da Fundación CEL, pola súa parte, agradeceulle ó Concello “a invitación que fixo ás todas as institucións para colaborar nestas Xornadas”, das que dixo que serviran para que “os distintos emprendedores se reúnan para compartir as súas inquedanzas”. Tamén explicou que “os emprendedores xa consolidados compartirán as súas estratexias e o seu saber facer cos que están comezando”. Segundo García Santalla, “nun contexto económico tan difícil temos que ser proactivos para crear un tecido favorable ó emprendemento porque, ó final, o que estamos a facer todas as institucións que traballamos por Lugo é crear unha oportunidade para todos os lucenses”.

O Presidente da Cámara de Comercio falou da importancia da internacionalización das empresas da que dan idea os datos do ano 2010 no que, sen contar Alumina e o sector dos muíños de vento, as exportacións da provincia de Lugo medraron un 45,33% e o déficit comercial da provincia reduciuse nun 89,05%.


PROGRAMA Semana emprendemento 2011 2.pdf

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion