Logotipo
Inicio > News > O Alcalde participou na clausura da Semana do...

O Alcalde participou na clausura da Semana do Emprendemento

25/03/2011

  • A última xornada celebrouse no CEI e nela presentouse un proxecto para constituír unha Rede de Incubadoras de Empresas Tecnolóxicas e Innovadoras.
  • Neste proxecto participan as tres Universidades galegas, a Fundación CEL, a Tecnópole de Ourense e o Concello de Lugo

Semana do emprendemento


O Alcalde, José López Orozco, participou hoxe no acto de clausura da Semana do Emprendemento que tivo lugar no CEI-Nodus, onde se desenvolveu a última xornada desta semana que organizou a Rede Mercurio para divulgar e fomentar o espírito emprendedor en Lugo.

O Alcalde destacou que a celebración desta Semana do Emprendemento é unha mostra de como se pode “traballar en rede para aproveitar sinerxias” e indicou que esta é a aposta que fai o Concello de Lugo, porque “considera necesario cooperar para fomentar o espírito emprendedor e a creación de empresas en Lugo co fin de facerlle fronte ó grave problema do paro”.

López Orozco puxo como exemplo desa colaboración a participación do Concello de Lugo, o primeiro de Galicia, nun proxecto para constituir unha Rede de incubadoras de empresas tecnolóxicas e innovadoras que foi presentado esta mesma mañá na derradeira xornada da Semana do Emprendemento.

Trátase do proxecto INCUBA.T.NET no que participan as tres universidades de Galicia, a Fundación CEL, a Tecnópole de Ourense, e o Concello de Lugo, a través do CEI-NODUS. Na presentación do proxecto interviron técnicos da Universidade da Coruña, da Fundación Universidade Empresa, da CEL, a USC, a Tecnópole e o director do proxecto.

No acto de clausura tamén tomaron parte a Deputada provincial Regina Polín, a Vicerreitora adxunta para estudos de grao e postgrao, María Isabel González Rey, e a Vicepresidenta segunda de Cogami, Mónica Álvarez.

Na sesión de hoxe, celebrada no salón de Actos do CEI-Nodus, interviron D. José Luis Pérez Salinas, Subdirector General de Transferencia y Valorización del Conocimiento quen deu a coñecer a  "Estratexia estatal de innovación".

Posteriormente D. Xabier Sánchez expuxo os resultados do proxecto Incuba.T.Net que agrupa a varios viveiros de empresa de toda Galicia.

Pode descargar ás presentacións utilizadas durante a xornada nos seguintes enlaces:

Estratexia Estatal de Innovacion

Proxecto Incuba.t.net


Semana do emprendemento Semana do emprendemento

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion