Logotipo
Inicio > News > Incentivos á contratación das persoas traball...

Incentivos á contratación das persoas traballadoras

28/03/2011

Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011

Obxecto:

Convocatoria de incentivos á contratación indefinida das persoas traballadoras coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maiores dificultades e dos incentivos á contratación temporal coa finalidade de favorecer a inserción laboral das persoas traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades para reincorporarse ao mercado de traballo e para fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a través dos seguintes programas.

a) Programa de fomento da contratación indefinida inicial.

b) Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.

c) Programa de incentivos á contratación temporal.

 

Beneficiarios:

Os empregadores e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.

 Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011

As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de xullo de 2010, ata o 28/04/2010

Dispón da resolución completa no seguinte enlace:


ProgramaIncentivosContratacionCuentaAjena.pdf

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion