Logotipo
Inicio > Noticias > Axudas para Autonomos

Axudas para Autonomos

25/03/2011

Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011

Obxecto:

Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais mediante o fomento da contratación indefinida.

Serán subvencionables as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que cumprindo os requisitos e condicións establecidas na mesma, se formalicen desde o 16 de setembro de 2009 ata o 30 de xuño de 2010, ambos inclusive.

Persoas beneficiarias:

  • As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, sempre que:
• Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal.
• Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
• Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
• Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores.


Os traballadores e traballadoras autónomas  ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís sempre que as soliciten a título persoal. Quedan excluídos do mesmo, os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

  • As persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida serán os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais, que realicen esta contratación durante o primeiro ano de actividade, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.


Tipos de axuda:

•  Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, co fin de facilitar durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible por importe non inferior a 3.000 euros (sen incluír o IVE) realizado entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 posteriores.
As contías desta subvención serán as seguintes:

A. 5.000 euros para desempregados en xeral.
B. 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do investimento mínimo realizado por cada socio/a solicitante terase en conta a súa participación na mesma.

•  Subvención financeira de redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador/a autónomo/a, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible. Deberá acreditarse un investimento en inmobilizado material ou intanxible por importe non inferior a 3.000 euros (sen incluír o IVE) realizado entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 posteriores.

Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo.

Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo.

O importe máximo desta subvención non poderá superar as seguintes contías:
A. 5.000 euros para desempregados en xeral.
B. 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do investimento mínimo realizado por cada socio/a solicitante terase en conta a súa participación na mesma.

No caso de microcréditos concedidos polo Instituto de Crédito Oficial ou por outras entidades de crédito a persoas desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social, a subvención poderá ser o custo total dos gastos financeiros, cos límites máximos sinalados anteriormente.

•  Subvención para asistencia técnica co obxecto de financiar os custos dos servizos externos necesarios para mellorar o desenvolvemento da actividade empresarial, así como para a realización de estudos de viabilidade, organización, comercialización, diagnose ou outro de natureza análoga,  prestados polas persoas ou entidades que reúnan os requisitos indicados na orde, e que se desenvolvan integramente entre os 3 meses anteriores e os 6 posteriores ao inicio da actividade. A contía desta axuda será do 75% do custo dos servizos prestados, ata un máximo de 1.000 euros.

•  Subvención para formación  co obxecto de financiar os custos de cursos, realizados polas persoas ou entidades que reúnan os requisitos mencionados na orde, relacionados coa dirección e xestión empresarial e novas tecnoloxías da información e comunicación, integramente desenvoltos entre os 3 meses anteriores e os 6 meses posteriores ao inicio da actividade. A contía desta axuda será do 75% do custo dos cursos recibidos, ata un máximo de 3.000 euros.  

•  Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade realizados nos 3 meses anteriores e nos 6 meses seguintes ao inicio da actividade en concepto de compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, gastos de constitución, publicidade, arrendamento de local, de maquinaria e de equipos informáticos e seguros do local (excluído o IVE). A contía da axuda será de 2.000 euros, 3.000 euros e 3.600 euros, segundo o colectivo dos sinalados no artigo 8º.2 da orde no que se atope incluída a persoa beneficiaria.

•  Subvención pola primeira contratación indefinida. Poderá concederse esta subvención  tanto pola contratación indefinida inicial dunha persoa desempregada como pola transformación dun contrato temporal en indefinido, sempre que se realice durante o primeiro ano de actividade. A contratación ou transformación deberá realizarse entre o 16 de setembro de 2009 e o 30 de xuño de 2010.

O importe desta subvención será o seguinte:
A. 4.000 euros pola contratación indefinida dun desempregado en xeral.
B. 5.000 euros pola contratación indefinida dun mozo desempregado de 30 ou menos anos.
C. 5.000 euros pola contratación indefinida dunha muller desempregada.
D. 5.600 euros pola contratación indefinida dunha moza desempregada de 30 ou menos anos.
E. 6.000 euros pola contratación indefinida dunha persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego, unha  persoa desempregada de longa duración, unha persoa desempregada emigrante retornada, unha persoa desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F. 2.000 euros pola transformación dun contrato temporal en indefinido. Esta contía será de 2.500 euros se o traballador ten 30 ou menos anos e de 3.000 euros se é muller.

A subvención non poderá superar a contía equivalente ao 60% dos custos salariais totais de dúas anualidades da persoa contratada.
No caso de que a contratación sexa a tempo parcial  a subvención calcularase proporcionalmente.

Prazo de presentación:

Os prazos de solicitude son:

-Prazo xeral: un mes desde a data de solicitude de alta na Seguridade Social e en todo caso, o 30 de setembro de 2011, aínda que non transcorreran un mes desde a dita alta.

- Solicitudes de alta en la Seguridad Social realizadas entre o 1 de xullo do ano 2010 e a data de publicación da orde: ata o 29 de abril de 2011.

 Pode descargar o documento íntegro da orden no seguinte enlace:


Orden Autonomos 2011.pdf

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion