Logotipo
Inicio > Novas > SmallWonders lanza YumYumBoy

SmallWonders lanza YumYumBoy

01/04/2011

A empresa asentada no CEI-Nodus, Smallwonders, ven de desenvolver un xogo para iPhone, iPod touch e iPad que narra a loita  entre a comida sa e a comida basura.

Yum Yum Boy


Así, 'Yum Yum Boy' está protagonizado por un rapaz aficioado á comida basura e que odia a comida sa. O xogador jugador terá que alimentar ao protagonista coa comida que lle gusta, evitando as verduras que pretende que coma a súa nai, dado que provocan o seu enfado e reducen a puntuación.

O xogo, que conta con oito escenarios diferentes, ten unha ambientación estética marcada polo cómic e o manga xaponés, de referencias hacia Shin-Chan, Doraemon ou Dragon Ball. O xogo está  dirixido a persoas maiores de 15 anos e ten un compoñente de entreteminto, "non educativo", segundo destaca a propia empresa.

Con este produto, que combina acción, maxia e eventos externos, SmallWonders pretende converterse nun "referente" no eido dos xogos rompecabezas para Iphone.

Este é o terceiro xogo desenvolvido por Smallwonders, tras 'Battle of Puppets', que acadou o premio ao mellor videoxogo móvil español no Premio Nacional da Industria dos Videoxogos Gamelab 2010; e 'World of Popus', que se situou no Top 10 dos xogos para Iphone en España.

Máis información sobre o xogo na páxina oficial


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion