Obxecto:
Poderán ser obxecto de subvencións desta convocatoria os proxectos de desenvolvemento e produción de contidos dixitais interactivos en lingua galega.
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios destas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas legalmente como produtoras cinematográficas e audiovisuais e empresas de servizos en internet e medios online, comunicación interactiva en novos medios, consultoría e asesoramento TIC, conectividade e integración de sistemas e desenvolvemento de software, domiciliadas polo menos por un ano, previo a esta convocatoria na Comunidade Autónomade Galicia ou nun Estado membro da UE ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que teñan sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
Resolución completa: aqui
Pode consultar máis axudas e subvencións nesta sección da nosa págixa