Logotipo
Inicio > Noticias > Subvencións para o desenvolvemento e produció...

Subvencións para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega

06/04/2011

Resolución da Axencia Galega das industrias culturais do 10 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega e se convocan para o ano 2011

Obxecto:
Poderán ser obxecto de subvencións desta convocatoria os proxectos de desenvolvemento e produción de contidos dixitais interactivos en lingua galega.

Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios destas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas legalmente como produtoras cinematográficas e audiovisuais e empresas de servizos en internet e medios online, comunicación interactiva en novos medios, consultoría e asesoramento TIC, conectividade e integración de sistemas e desenvolvemento de software, domiciliadas polo menos por un ano, previo a esta convocatoria na Comunidade Autónomade Galicia ou nun Estado membro da UE ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que teñan sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Resolución completa: aqui

Pode consultar máis axudas e subvencións nesta sección da nosa págixa


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion