Inicio
facebook twitter tuenti
Concello de Lugo Injuve
Radares Xuvenis
-
O Alcalde visita aos alumnos e alumnas dun curso de técnica vocal que se está a desenvolver na Casa da Música


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, visitaron onte pola tarde aos alumnos e alumnas que están a participar nun curso de técnica vocal que se está a impartir na Casa da Música. Nesta visita tamén aproveitaron para ver e coñecer a dous grupos da cidade que se atopaban ensaiando.

En total, máis de 40 persoas están a participar nos distintos cursos programados dende a Concellería de Xuventude como son o de técnica vocal, ampliado a dous cursos ante a demanda, o de guitarra, guitarra eléctrica e percusión.

Estes cursos ofrecen unha formación musical dirixida a persoas de entre 12 a 35 anos e se desenvolven na Casa da Música dende o pasado día 14 de febreiro ata o 30 de maio.

Concellería de Xuventude Injuve