Logotipo
Inicio > News > Plan de continuidade empresarial

Plan de continuidade empresarial

13/04/2011

La Dirección General de Política de la PYME junto al Consejo Superior de Cámaras y las Cámaras de Comercio, pone en marcha este programa que tratará de promover el mercado ofreciendo servicios de apoyo a la compraventa de empresas.

O “Plan de Continuidade Empresarial” nace co obxectivo de crear un mercado mais eficaz para a transmisión de empresas.

Consciente das dificultades que a falta de relevo xeracional plantexa para a continuidade dun gran número de pequenas e medianas empresas en España, A Dirección Xeral de Política da PYME xunto ao Consello Superior de Cámaras e as Cámaras de Comercio, poñen en marcha este programa que tratará de promover o mercado ofrecendo servizos de apoio á compravenda de empresas.

A quen vai dirixido

  • Pequenos e medianos empresarios que desexen transmitir a súa actividade.
  • Emprendedores que desexen iniciar unha actividade económica en el mundo da empresa a través dun negocio consolidado.

Servizos

Os usuarios do “Plan de Continuidade Empresarial” teñen á súa disposición os seguietes elementos:

  • “Plataforma Nacional de Transmisións”. A web na que se  facilitará información sobre ofertas  demandas de negocios que existen neste momento, así como ampla información sobre trámites, aspectos xurídicos, fiscais ou laborais... que afectan á compravenda de empresas.
  • “Rede Nacional de Centros de Transmisión de Empresas”. Os Centros de Transmisión de Empresas son gabinetes especializados na compraventa de empresas ubicados nas Cámaras de Comercio. Estes centros ofrecen os seguintes servizos de valor engadido:

    Servizos ao comprador

  • Soporte técnico da aplicación Web.
  • Localización da oferta de negocio máis adecuada o seu perfil.
  • Apoio na análise do negocio en venta (revisión de estados Financeiros, Legais...).
  • Asesoramiento xurídico e fiscal.
  • Asistencia na elaboración do plan de empresa.
  • Titorización durante os primeiros meses de xestión.

    Servizos ao vendedor
  • Soporte técnico da aplicación Web.
  • Información sobre auditación externa da empresa (Due Dilligence).
  • Valoración da empresa.
  • Búsqueda de compradores.
  • Asesoramento no peche da venda.

    Todos estes servicios, aínda que teñen un custo, ofreceranse gratuitamente aos usuarios do programa ao estar subvencionados pola Dirección Xeral da Pyme.

Créditos participativos:

Líña de créditos participativos da Empresa Nacional de Innovación (ENISA), para a compra das empresas transferidas con éxito no marco do Plan. 

Acceso ao portal do programa


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion