Logotipo
Inicio > Noticias > Subvencións aos proxectos de cooperación empr...

Subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital

19/04/2011

Resolución do 7 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012.

null

Obxecto:

Convocatoria de axudas dirixidas a proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital, para os anos 2011 e 2012, mediante as seguintes liñas de actuación:

Liña A) Demanda empresarial en solucións TIC.

     A1) Demanda en solucións TIC polas empresas.

     A2) Demanda en solucións TIC polas asociacións empresariais.

Liña B) Resposta tecnolóxica en solucións TIC.

     B1) Resposta tecnolóxica en solucións TIC, para empresas.

     B2) Resposta tecnolóxica en solucións TIC, para asociacións empresariais .

Beneficiarios:

- as empresas privadas, con personalidade xurídica, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo en Galicia.

- as asociacións empresariais e os colexios profesionais con personalidade xurídica, que realicen actividades sen ánimo de lucro, que teñan a súa sede social e o seu ámbito territorial dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 19/05/2011

Resolución completa: aqui

Pode consultar máis axudas e subvencións nesta sección da nosa págixa


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion