Logotipo
Inicio > Novas > O Concello colabora coa Fundación Secretariad...

O Concello colabora coa Fundación Secretariado Xitano na organización dun curso que se imparte no CEI

02/05/2011

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para impartir un curso de acompañamento escolar.

Firma Convenio FSG

Por medio deste convenio, o Concello cédelle á Fundación Secretariado Xitano o uso dun aula nas instalacións municipais do CEI-NODUS para a impartición deste curso dirixido a mulleres de entre 18 e 35 anos.

O curso, de 15 horas de duración, impártese desde hoxe ata o día 6 de maio.


Firma Convenio FSG Firma Convenio FSG

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion