Logotipo
Inicio > Novas > Curso AFD: Técnico en Xestión de Documentos

Curso AFD: Técnico en Xestión de Documentos

23/05/2011

O curso, de 518 horas de duración está dirixido prioritariamente a persoas en situación de desemprego. Todas aquelas  persoas interesadas en realizar o curso deberán solicitar na súa oficina de emprego que os convoquen para a proba de selección que terá lugar o vindeiro 1 de xuño

Obxectivo do curso:

Ao rematar o curso o alumno será quen de organizar e implementar a xestión de documentos nas organizacións, apoiándose nos recursos que as novas tecnoloxías ofrecen, tanto en canto aos soportes documentais (arquivos dixitalizados) como ao aloxamento e almacenamento dos mesmos, garantindo en todo momento a fiabilidade, a veracidade e a seguridade da información contida en ditos documentos.

Horario: De luns a venres de 9 a 14 horas

Calendario: Dende o 7 de xuño ata o 4 de novembro de 2011

Programa da acción formativa:

  1. Os arquivos e a arquivística (25 horas).
  2. O documento e a organización documental (95 horas).
  3. A conservación de documentos (50 horas).
  4. A xestión de documentos (100 horas).
  5. A reprodución de documentos. A dixitalización de documentos normalizada (100 horas).
  6. As novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito dos arquivos (65 h).
  7. Actividades de difusión de fondos documentais (40 horas).
  8. O acceso á documentación de arquivo (25 horas)
  9. Módulos transversais:
    1. Módulo de inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero (Código FCOO03 - 10 horas).
    2. Módulo de formación para a igualdade (Código FCOXXX05 - 8 h).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion