O curso, de 518 horas de duración está dirixido prioritariamente a persoas en situación de desemprego. Todas aquelas persoas interesadas en realizar o curso deberán solicitar na súa oficina de emprego que os convoquen para a proba de selección que terá lugar o vindeiro 1 de xuño
Obxectivo do curso:
Ao rematar o curso o alumno será quen de organizar e implementar a xestión de documentos nas organizacións, apoiándose nos recursos que as novas tecnoloxías ofrecen, tanto en canto aos soportes documentais (arquivos dixitalizados) como ao aloxamento e almacenamento dos mesmos, garantindo en todo momento a fiabilidade, a veracidade e a seguridade da información contida en ditos documentos.
Horario: De luns a venres de 9 a 14 horas
Calendario: Dende o 7 de xuño ata o 4 de novembro de 2011
Programa da acción formativa: