Logotipo
Inicio > News > Xornada: Plans de Igualdade e Conciliación La...

Xornada: Plans de Igualdade e Conciliación Laboral

08/06/2011

  • A xornada desenvolverase o vindeiro martes, dia 14 no CEI-NODUS

null

O CEI-NODUS acollerá o vindeiro martes 14 xuño as 19:00 horas unha xornada teórico-práctico na que se explicarán as axudas ás que teñen dereito os empresarios á hora de implantar plans de igualdade,  de acometer accións para a eliminación da infrarrepresentación  feminina nos eidos laborais masculinizados, e de realizar investimentos dirixidos a mellorar a conciliación da vida laboral e familiar dos seus traballadores. Así mesmo, tamén se explicará a finalidade do plan de igualdade e os contidos a ter en conta na súa elaboración para poder optar a estas axudas.PROGRAMA DA XORNADA

19:00 h. Inauguración da xornada
19:10 h. Plan de igualdade:
             ¿Que é?
             ¿Para que é?
             ¿Como se fai?
19:50 h. As líñas de axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia:
               Liña I: Implantación de plans de igualdade.
              Liña II: Eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.
              Liña III: Investimentos dirixidos a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
20:30 h. Coloquio e clausura da xornada.

Inscricións:

As persoas interesadas en asisitir poden confirmar a súa asistencia enviando un mail a info@cei.lugo.es


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion