O CEI-NODUS acollerá o vindeiro martes 14 xuño as 19:00 horas unha xornada teórico-práctico na que se explicarán as axudas ás que teñen dereito os empresarios á hora de implantar plans de igualdade, de acometer accións para a eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais masculinizados, e de realizar investimentos dirixidos a mellorar a conciliación da vida laboral e familiar dos seus traballadores. Así mesmo, tamén se explicará a finalidade do plan de igualdade e os contidos a ter en conta na súa elaboración para poder optar a estas axudas.
PROGRAMA DA XORNADA
19:00 h. Inauguración da xornada
19:10 h. Plan de igualdade:
¿Que é?
¿Para que é?
¿Como se fai?
19:50 h. As líñas de axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia:
Liña I: Implantación de plans de igualdade.
Liña II: Eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.
Liña III: Investimentos dirixidos a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
20:30 h. Coloquio e clausura da xornada.
Inscricións:
As persoas interesadas en asisitir poden confirmar a súa asistencia enviando un mail a info@cei.lugo.es , ou no teléfono 982297468