Os espectáculos do Arde Lucus "Expugnatio" e "Alzamento das Tribos Castrexas" cambian a súa ubicación
Ambos espectáculos manteñen a súa hora pero cambian de ubicación, pasando da Praza de San Marcos ao Carril das Estantigas no caso do “Expugnatio” e ao tramo peonil de Obispo Aguirre para o “Alzamento”
O Concello de Lugo, dende a Concellería de Xuventude, informa que o espectáculo “Expugnatio Moenium Lucus Augusti post Contubernium Tabernarium” (Batalla final entre Celtas e Romanos), previsto para esta tarde ás 20.45 horas na Praza de San Marcos, cambia de ubicación, celebrándose á mesma hora no Carril das Estantigas.
O espectáculo “Alzamento das Tribos Castrexas ante as Cohors III Lucensium”, previsto para mañá sábado, día 18, ás 19.30 horas, pasa a ser no tramo peonil de Obispo Aguirre a mesma hora.