Inicio
facebook twitter tuenti
Concello de Lugo Injuve
Radares Xuvenis
-
Actividades de verán
O vindeiro martes iniciaranse tres novos cursos nas Actividades de Verán 2011 organizadas polo Concello de Lugo


O próximo martes día 16 darán comezo tres novos cursos máis do programa Actividades de Verán 2011 organizado pola Área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude. O prazo de inscrición xa rematou pero os interesados aínda se poden apuntar achegándose aos centros nos que se imparten ditas actividades.

Os cursos que se iniciarán o martes son “Curso de intervención no ámbito escolar e familiar” que remata o 29 de agosto en horario de luns a venres de 11:00 a 14:00 horas. Esta actividade está dirixida á población maior de 18 anos e levarase a cabo no Centro de Convivencia Maruja Mallo. Este curso seguirá unhas pautas similares ós cursos anteriores de intervención, co obxetivo de ofrecer orientación e asesoramento preventivo ós mozos e mozas para que poidan resolver situacións conflitivas no ámbito escolar e familiar da mellor forma posible.

No Centro Maruja Mallo comeza tamén o curso de “Mediación Intercultural” en horario de luns a venres de 18:30 a 21:30 horas tamén para mozos e mozas de 18 anos en diante e que durará ata o 29 de agosto. O obxetivo de dito curso é iniciarse nas formas de comunicación, comprensión, convivencia e resolución de conflictos entre distintas culturas.

Neste mesmo Centro de Convivencia empezará o curso de “Pintura e deseño de camisetas” en horario de luns e venres de 11:00 a 13:00 para rapaces e rapazas maiores de 12 anos. Trátase dun curso máis creativo e orixinal onde se lles ensinará aos participantes técnicas e detalles para pintar sobre camisetas.

Por outra banda, entre onte e hoxe remataron os cursos de “Deseño gráfico e webs”, “Curso de linguaxe administrativa”, “Curso de intervención coa mocidade: cannabis”, “Maxia” e “Bailes do Mundo” cunha media de entre 10 e 12 participantes.

Á par disto, hai outras actividades que se iniciaron anteriormente e que continúan ata finais de agosto xa que teñen un tempo de duración maior, tales como: nutrición, alemán ou patinaxe.
 

Concellería de Xuventude Injuve