A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado – UGACOTA, colabora activamente nas actividades da Rede Eusumo e vai desenvolver, no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Lugo, un obradoiro de habilidades para o emprendemento cooperativo feminino. Con este obradoiro preténdese axudar ás participantes a desenvolver as habilidades persoais claves na capacidade emprendedora e coñecer a fórmula cooperativa e as súas posibilidades para o emprendemento feminino.
O obradoiro desenvolverase entre os días 26 ao 30 de setembro, en horario de 9:30 a 14:30 horas, ten unha orientación práctica, será impartido por docentes cunha ampla experiencia na economía social e inclúe unha visita ás instalacións dunha cooperativa promovida por mulleres para poder coñecer de primeira man as características desta fórmula empresarial.
O obradoiro desenvolverase nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Lugo – Caixa Rural Galega (Praza Fonte dos Ranchos, s/n, Lugo).
A participación nesta actividade é totalmente gratuíta.
Para mais información e inscricións dirixirse a:
UGACOTA : Patane García Méndez ou Constantino Gago Conde
Por correo electrónico: patane@ugacota.org tino@ugacota.org
Por teléfono: 697 877 773 / 881 887 456
Ou no propio Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Lugo.