Logotipo
Inicio > Novas > Programa BIC i-TEAMS para axudar ás empresas ...

Programa BIC i-TEAMS para axudar ás empresas de base tecnolóxica a innovar

26/09/2011

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), vai poñer en marcha o Programa BIC i-TEAMS, deseñado para axudar a innovar ás empresas galegas de base tecnolóxica e recente creación (ata 48 meses), mediante a definición dunha carteira de proxectos de innovación e a concreción dun proxecto específico, en forma de nova proposta de produto ou servizo innovador.

O equipo encargado de desenvolver o Programa impartirá formación práctica e asesoramento individualizado en cada unha das firmas participantes, para que as empresas novas aprendan a desenvolver por si mesmas unha cultura empresarial de innovación e as habilidades necesarias para ofrecer produtos e servizos de alto valor engadido, axeitados ás esixentes demandas actuais dos mercados.

O Programa BIC i-TEAMS será presentado nas principais cidades de Galicia, mediante o desenvolvemento de xornadas nas que representantes de BIC Galicia, do Igape e das empresas colaboradoras participarán para informar das posibilidades e particularidades do programa a todas as empresas interesadas en participar, así como dos beneficios que lles pode reportar.

As xornadas de presentación do progra BIC i-TEAMS comezaran a celebrarse o próximo 28 de setembro na Coruña; o 4 de outubro desenvolverase a xornada de presentación en Lugo, o día 10, en Santiago, o día 11 en Ourense e o día 13 de outubro en Vigo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion