Logotipo
Inicio > News > Presentación da plataforma web "Serpa".

Presentación da plataforma web "Serpa".

29/09/2011

  • XESTIÓN AGROGANDEIRA E NATUREZA SL presentará mañana “SIRPA”, a primeira plataforma web de análise de xestión técnico-económica para o uso de produtores agrogandeiros.

A presentación correrá a cargo de Yann Georges POULIQUEN KERLAU, enxeñeiro agrónomo da Universidade de Angers, emprendedor francés afincado en Lugo dende fai máis de dez anos, e propietario da empresa.

XESTIÓN AGROGANDEIRA E NATUREZA SL é unha oficina agraria especializada en asesorar a produtores ecolóxicos e convencionais, para reducir custos de produción co máximo respecto á natureza. Iniciou a súa andadura vai 5 anos no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.

Co apoio da Consellería de Innovación e Industria a traveso dun proxecto I+D+i, e financiamento do IGAPE, a empresa desenvolveu unha aplicación web destinada a produtores agrogandeiros, e inicia a comercialización deste servizo no sector.

SIRPA é un concepto totalmente novo, ao ser a primeira aplicación de xestión que é accesible para produtores vía Internet, o que lle confire facilidade de emprego, e un uso sinxelo. Nun momento económico tan delicado como o actual, SIPRA preséntase como unha ferramenta moderna destinada a axudar ás explotacións a controlar os seus custos de produción para así aumentar o rendemento económico da actividade. No acto presentarase unha aplicación práctica de SIRPA: a comparación de resultados económicos entre explotacións leiteiras ecolóxicas e convencionais.

A presentación están convidados produtores leiteiros, cooperativas, asociacións e empresas do sector, e o corpo técnico en xeral.

O acto terá lugar o venres 30 de setembro, na Casa Grande de Nadela (Nadela, 50, Lugo), ás 11:00.

 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion