Inicio
facebook twitter tuenti
Concello de Lugo Injuve
Radares Xuvenis
-
Comeza a Movida Alternativa Xuvenil na Casa da Xuventude


A Casa da Xuventude abre o seu programa de actividades co inicio da Movida Alternativa Xuvenil que comezará o venres 14 de outubro e rematará, neste primeiro trimestre, o sábado 17 de decembro.
As actividades propostas na MAX son as seguintes:
 
VENRES
  • Manualidades (19:30 – 20:30)
  • Curso de oratoria (20:30 – 21:30)
  • Street dance (22:30 – 00:00)
  • Patinaxe – Xoquei en liña (Polideportivo da Piringalla de 23:00 a 00:30)
 
SÁBADOS
  • Ioga (19:30 – 20:30)
  • Coiro (19:30 – 20:30)
  • Curso de maquillaxe, efectos especiais, pasarela, fotografía... (20:30 – 21:30)
  • Tenis de mesa (Parque da Milagrosa – CD Dez Portas de 20:30 a 22:00)
 
Para poder participar no curso de oratoria deberás inscribirte na Casa da Xuventude ata o 13 de outubro e para participar no curso de maquillaxe poderás inscribirte ata o 20 de outubro.
 
Tódalas actividades son de balde.
 
Para máis información achégate a Casa da Xuventude (Rúa Xesús Bal e Gay s/n) ou ponte en contacto con nos a través do número 679 432 538.
 

Concellería de Xuventude Injuve