Inicio
facebook twitter tuenti
Concello de Lugo Injuve
Radares Xuvenis
-
Programa de cursos e actividades da Casa da Xuventude


A Casa da Xuventude vai ofrecer unha serie de cursos de diversa índole que se levarán a cabo entre o 24 de outubro e o 23 de decembro e están destinados a mozos e mozas de entre 14 e 35 anos. Os cursos ofrecidos son os seguintes:
 
CURSOS FORMATIVOS
 
  • Monitor de actividades (luns de 09:30 a 13:30)
  • Inglés profesional (martes e xoves de 09:30 a 11:30)
  • Relacións públicas e protocolo (martes e xoves de 11:30 a 13:30)
  • Apoio escolar para adultos (venres de 09:30 a 13:30)
 
Para participar neste cursos deberás inscribirte na Casa da Xuventude ata o 20 de outubro.
 
CURSOS DE FORMACIÓN EMPRESARIAL
 
  • Crea a túa empresa (do luns 14 de novembro ó mércores 16 de novembro de 09:30 a 13:30)
Prazo de inscrición ata 10 de novembro
 
  • Xestiona a túa empresa (do luns 28 de novembro ó mércores 30 de novembro de 09:30 a 13:30)
Prazo de inscrición ata o 17 de novembro
 
 
CURSOS PARA O TEMPO DE LECER
 
  • Obradoiro de coiro (luns e mércores de 18:00 a 19:30)
  • Obradoiro de artesanía (luns e mércores de 19:30 a 21:00)
  • Obradoiro de feltro (martes e xoves de 18:00 a 19:30)
  • Obradoiro de reciclaxe e decoración de roupa (martes e xoves de 19:30 a 21:00)
 
Prazo de inscrición ata o 20 de outubro
Para poder inscribirte nos cursos é necesario que presentes o DNI/NIE. No caso de non estar censado/a en Lugo é necesario presentar a matrícula do centro de ensinanza de Lugo no que estudas ou documento que acredite que estás traballando en Lugo. No caso de ser menor de idade será necesario que presentes unha autorización do titor/a legal acompañada da fotocopia do DNI/NIE do/a mesmo/a.
 
E na Casa da Xuventude atoparás tamén outras moitas actividades e posibilidades:
 
  • Biblioteca
  • Sala de estudo
  • Salas de reunión
  • Internet
  • Xogos de mesa
  • X-box kinect, wii, playstation
  • Punto de book-crossing
  • Sala de exposicións
  • Viaxeteca
  • Clube de lectura
  • Clube de cine
  • Sesións de cine
  • Banco de tempo
  • “A quedada”
 
E outras moitas cousas que ti mesmo/a poderás propoñer a través do noso buzón de suxestións.
 
Tódalas actividades son de balde.
 
Para máis información achégate a Casa da Xuventude (Rúa Xesús Bal e Gay s/n) ou ponte en contacto con nos a través do número 679 432 538.

Concellería de Xuventude Injuve