Logotipo
Inicio > News > O Concello de Lugo asina un convenio para inc...

O Concello de Lugo asina un convenio para incentivar a actividade emprendedora da cidade

04/11/2011

  • López Orozco lembrou que estas axudas benefician a todos os autónomos e emprendedores que queren poñer en marchas empresas
  • O CEI-Nodus leva asesorado a 291 persoas no que vai de ano, que crearon 63 empresas e 84 postos de traballo

null

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou un acordo de colaboración co director comercial de MicroBank, Ramón Gatell, que facilitará a financiación de proxectos empresariais asesorados no CEI a través de microcréditos.

A sinatura deste acordo establece novas liñas de financiación dirixidas a autónomos e a persoas con proxectos de autoemprego. A inversión a través de microcréditos será de ata un millón de euros e cada emprendedor poderá solicitar ata un máximo de 25.000 euros.

López Orozco recoñeceu que este é un paso moi importante neste momento no que precisa financiación xa que “os emprendedores que se asesoran no noso centro poderán dispoñer con máis facilidade destes microcréditos para levar a cabo os seus proxectos en Lugo porque é outra maneira de crear emprego”.

Con este convenio conséguese a creación de liñas de financiación específicas para proxectos asesorados polo CEI coa que se potenciará o autoemprego e a actividade emprendedora favorecendo a igualdade de oportunidades de homes e mulleres. Tamén se financia a consolidación e ampliación de microempresas e autónomos co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento do tecido produtivo, do emprego e do progreso social.

O Alcalde de Lugo manifestou que “o principal problema dos emprendedores é a dificultade para conseguir créditos e para crear emprego son necesarias novas empresas polo que a sinatura deste convenio é unha primeira medida para axudarlles tamén a conseguir liquidez.” O Concello, a través dos técnicos do CEI, axudará a elaborar o plan de empresa e testará a viabilidade dos proxectos que se presentarán á entidade bancaria dando preferencia no acceso ao crédito.

Apoio do Concello ós emprendedores
No que vai de ano, dende o CEI, asesoráronse a un total de 291 emprendedores dos que se constituíron 63 empresas co que axudaron a crear 84 postos de traballo. Este centro recibe proxectos viables e innovadores que agora, grazas a este convenio, poderán conseguir créditos en condicións vantaxosas para os emprendedores lucenses.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion