Logotipo
Inicio > Novas > Os Alumnos do IES San Rosendo visitaron o CEI...

Os Alumnos do IES San Rosendo visitaron o CEI-Nodus

25/11/2011

  • 30 rapaces do IES San Rosendo de Mondoñedo visitaron este venres o CEI-Nodus

Visita IES San Rosendo

A visita está enmarcada dentro do programa de xornadas de difusión da cultura emprendedora entre a mocidade lucense que ven desenvolvendo o Concello de Lugo.

A finalidade desta inciativa é a de difundir como se xeran as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura do emprendedor, amosando a través de experiencias persoais de emprendedores galegos, que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.  

Nestas xornadas os participantes asisten a un seminario no cal se abordan tres temáticas diferentes: a figura do emprendedor, a idea do negocio e a posta en marcha da empresa. Móstranse ademais unha serie de instrumentos e recursos que están dispoñibles para os emprendedores e que supoñen unha importante axuda para acadar o éxito nos seus proxectos de empresa. Ao longo de todo o Seminario se expoñen casos reais de emprendedores que desenvolveron un proxecto empresarial en Galicia, no que se abordan aspectos como o historial do emprendedor, os recursos dos que dispoñía, a orixe da súa idea empresarial, as motivacións que lle levaron a desenvolver o seu proxecto, as dificultades que tivo que superar e as ameazas que se avistan no seu sector ou mercado, así como os factores aos que se pode atribuír o éxito da súa empresa.

Unha vez rematado o seminario os alumnos realizan unha visita guiada polo centro para coñecer as instalacións postas polo Concello de Lugo á disposición dos emprendedores.


Visita IES San Rosendo Visita IES San Rosendo

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion