Logotipo
Inicio > Novas > O Concello recibe 16...

O Concello recibe 160 solicitudes para as 30 bolsas do programa Lugoquálitas 2 de prácticas en empresas de Alemaña, o Reino Unido e Italia

06/02/2012

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral abrirá o proceso de selección dos aspirantes ás 30 bolsas para facer prácticas en empresas de Florencia, Belfast e Hamburgo correspondentes ó programa europeo de formación Lugoqualitas 2.

Imaxen asociada a nova O prazo de solicitude rematou o pasado martes. A falta de comprobar se chegan máis solicitudes enviadas por correo ou a través do rexistro da Subdelegación do Goberno, foron 160 as solicitudes presentadas, 100 de mulleres e 60 de homes. Os aspirantes son de distintos perfís. Así, hai persoas tituladas en Comunicación, Humanidades, distintas enxeñerías, Informática, Educación Infantil, Traballo Social, etc.

As prazas que se ofertan son 13 para estancias en Florencia (Italia), 12 para Belfast (Reino Unido) e 5 para Hamburgo (Alemaña).

Lugoqualitas 2 é un proxecto que forma parte do programa europeo Leonardo da Vinci e que desenvolve o Concello co obxectivo de facilitarlle ós mozos e mozas de Lugo a oportunidade de formarse no estranxeiro. Este programa ofrece bolsas para a realización de prácticas en empresas doutros países a recen titulados universitarios e de formación profesional.

As bolsas para a realización de prácticas inclúen o pago dos custes da viaxe, de preparación lingüística, tutorización das prácticas nas empresas, busca das empresas onde se realizarán as prácticas e unha dotación de 400 euros mensuais.



Cooperación
Concello de Lugo