Logotipo
Inicio > Novas > Programas de fomento de emprego en empresas d...

Programas de fomento de emprego en empresas de Economía social

24/01/2012

ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para o ano 2012

Programa I. Fomento de empleo en sociedades laborales.

Fomentar la incorporación de personas desempleadas como socios trabajadores con carácter indefinido en sociedades laborales.

3 mujeres: 21.000 euros
3 hombres: 16.500 euros
TOTAL: 37.500 EUROS

Programa II.  Mejora de la competitividad en sociedades laborales

Subvención financeira de reducción de xuros de préstamos necesarios para a financiación de investimentos en inmovilizado material e inmaterial.

Subvención de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito. A contribución do beneficiario/a ao financiamento dos investimentos deberá ser como mínimo do 25%. O importe máximo non pode superar a contía de 18.000 euros por entidade.

- Subvención directa para a adquisición de inmobilizado material e inmaterial.

Para a realización de investimentos que contribúan á creación, consolidación e mellora da competitividade de cooperativas e sociedades laborais poderá concedérselles unha subvención directa cun importe máximo de ata o 50% de custo da adquisición de activos, excluídos impostos. O importe máximo non pode superar a contía de 18.000 euros por entidade.

Poderán ser obxecto de subvencións os investimentos en terreos, construccións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, mobiliario, elementos de transporte e equipamentos para procesos de información, así como os activos vinculados coas novas tecnoloxías da información e as comunicacións. O investimento obxecto da subvención deberá manterse durante un período mínimo de 5 anos, agás bens amortizables cun período inferior neste caso deberá manterse polo menos polo dito período. Os investimentos realizaranse mediante a compra de activos novos. Non obstante, naqueles casos nos que os investimentos se realicen mediante a compra de equipamentos de segunda man deberán cumprirse os requisitos seguintes:

a) O vendedor ou vendedora do equipamento deberá facilitar unha declaración sobre a orixe do dito equipamento, confirmando que durante os últimos sete anos non se comprou con subvencións estatais ou comunitarias.
b) Acreditar, mediante un certificado expedido por un perito ou perita independente, que o prezo dos equipamentos non é superior ao valor de mercado nin ao custo dun equipamento novo similar, que reúna as características técnicas requiridas para a operación e que cumpra as normas aplicables.


III. Programa impulso de proxectos empresariais e asistencia técnica

- Axudas para a contratación de directores ou xerentes.
Subvención de ata o 50% do seu custo, cunha contía máxima de 20.000 euros, por sociedade laboral.

-Formación empresarial
Esta axuda irá destinada ao financiamento parcial de cursos relacionados con actividades como a de dirección e xestión empresarial e novas tecnoloxías da información e a comunicación. A contía desta axuda será de ata o 75% do custo dos servizos prestados ata o límite máximo de 20.000 euros por beneficiario.

-Asesoramento e acompañamento de proxectos:
Poderán outorgarse subvencións para o asesoramento e acompañamento de proxectos, que comprenderá desde a realización de actividades previas ao inicio da actividade, tales como a orientación do proxecto e accións formativas e informativas do grupo promotor, ata a elaboración do plan empresarial da cooperativa, o seu seguimento e asesoramento na execución. O número de horas dedicadas ao acompañamento do proxecto, que non será inferior a 200 horas anuais. A contía da subvención ascenderá a 30 euros por hora de información, formación ou asesoramento por cada proxecto. O número mínimo de persoas asesoradas por proxecto será de tres.

-Outras accións de asistencia técnica.
Poderán ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos ocasionados con motivo da posta en marcha dos proxectos que se indican a continuación, ata un máximo de 10.000 euros, cos seguintes límites particulares:
-Asistencias técnicas consistentes na elaboración de estudos de viabilidade, de organización, de comercialización, auditorías e outros informes de natureza análoga ata un máximo de 8.000 euros.
-Asesoramento para a elaboración dos estatutos sociais e regulamentos de réxime interno ata un máximo de 2.000 euros.
-Formalización e inscrición da escritura pública e demais trámites derivados do proceso de constitución da cooperativa ata un máximo de 2.000 euros.

-Axuda excepcional para o lanzamento de actividade.
Poderase conceder unha axuda excepcional para o lanzamento de actividade. O importe desta axuda, que se concederá a entidades de nova creación, consistirá nunca subvención de ata o 50% dos gastos necesarios para o inicio da actividade, cun máximo de ata 20.000 euros.
Serán subvencionables, a través desta axuda, os gastos pola compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, publicidade, subministracións, sempre que se realicen no primeiro ano desde o inicio da actividade.


Programa IV: Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a

-Axudas destinadas a financiar, parcialmente, a achega ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio/a.

A contía das axudas poderá ascender ata 2.000 euros para a incorporación por cada socio a unha sociedade laboral, sen que en ningún caso poida ser superior á contía que corresponda subscribir en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais de ser o caso, pola incorporación como socio ou socia.

6 socios x 2.000 euros: 12.000 euros

 


ORDE S.L.L..pdf

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion