Logotipo
Inicio > Novas > Publicadas as listas...

Publicadas as listas de persoas solicitantes para participar no programa LugoQualitas 2

27/02/2012

Con data 27 de febreiro de 2012, se publican no Taboleiro de Edictos do Concello de Lugo, as listas de persoas solicitantes para participar no proxecto LugoQualitas 2, así como as excluídas por non cumprir os requisitos establecidos nas bases de convocatoria.

Imaxen asociada a nova No prazo de cinco días naturais a partir do día seguinte á publicación deberá presentarse a documentación que se sinala , así como presentar ás reclamacións oportunas.

LugoQualitas 2, é un proxecto de Concello de Lugo, pertencente ao programa europeo Leonardo da Vinci de aprendizaxe permanente, que ten como obxectivo que mozos/as con titulación universitaria e/ou de formación profesional realicen prácticas en empresas de Alemaña, Italia e Reino Unido, co que poderán coñecer os métodos e formas de traballo das empresas en Europa, ademais de mellorar as súas capacidades de cara á integración plena no mercado de traballo.

Para máis información pódense dirixir ao Centro de Orientación Laboral Espazo Lab do Concello de Lugo.



Cooperación
Concello de Lugo