Logotipo
Inicio > Novas > O Concello colabora ...

O Concello colabora coa Fundación Secretariado Xitano na organización dun curso de auxiliar de comercio

27/02/2012

 A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, asinou hoxe un acordo co Coordinador Provincial da Fundación Secretariado Xitano en Lugo, Manuel Requeijo, para colaborar na organización dun curso de auxiliar de comercio.

Imaxen asociada a nova  O acordo enmárcase dentro da colaboración que mantén o Concello de Lugo con todas asociacións e entidades que traballan polo emprego e a formación de persoas que teñen especiais dificultades para o acceso ó mercado laboral. 


Esther Muñóz salientou que “a mellor maneira para que exista unha integración social total é a través da integración laboral das persoas, por iso, apoiamos e prestamos axuda a este tipo de asociacións que buscan a integración en todo o que precisen”. 

No caso do acordo asinado hoxe, a Concellería de Educación facilitará o uso dunha aula no Espazo>Lab, o Centro de Orientación Laboral do Concello de Lugo, para impartir un curso de auxiliar de comercio. 

O curso, de 40 horas teóricas e 60 horas prácticas, está financiado polo Fondo Social Europeo. As clases impartiranse desde o día 29 febreiro ata o 13 de marzo, en horario de mañá. A partir do día 13 de marzo, as sete persoas seleccionadas, realizarán prácticas na empresa Kiabi, onde poderán poñer en práctica todos os coñecementos das clases teóricas. 

A Fundación Secretariado Xitano é unha entidade social cuxo fin é favorecer o acceso da poboación xitana á formación e ó emprego. Desde decembro de 2003, esta entidade colabora co Concello de Lugo no desenvolvemento do Programa de Emprego “Acceder”.



Cooperación
Concello de Lugo