Logotipo
Inicio > News > Contrato indefinido para emprendedores

Contrato indefinido para emprendedores

29/02/2012

Nas medidas que compoñen a reforma laboral aprobada polo Goberno, a única orientada á creación de emprego é o novo contrato indefinido para os emprendedores. O nome parece chamativo, pero en realidade pode acollerse a esta modalidade de contratación calqueira empresa que teña menos de 50 traballadores, sempre que non teña recurrido a despedimento por causas obxectivas declarados improcedentes ou a despidos colectivos nos seis meses anteriores á contratación.

Este tipo de contrato será de carácter indefinido e sempre a xornada completa e, ademais, terá um período de proba dun ano. Durante o mesmo, a empresa poderá prescindir do traballador sen pagar indemnización por despido. Ademais a celebración deste contrato dará dereito a unha serie de beneficios fiscais e a bonificacións nas cuotas á Seguridade Social, sempre que a empresa manteña en plantilla ao traballador durante tres anos.

Deduccións fiscais

No caso de que este contrato sirva para incorporar ao primeiro traballador da empresa, e se este é menor de 30 anos, a empresa poderá aplicar unha deducción fiscal de 3.000 euros.

Ademáis, si o traballador está desempregado e cobra a prestación por desemprego, a empresa poderá deducir fiscalmente o 50% da prestación que o traballador teña pendente de cobrar no momento da firma do contrato. Esta deducción terá un límite de doce mensualidades y, ademáis, o traballador deberá ter percibido a prestación durante, polo menos, tres meses antes da contratación.
O importe desta última deducción fixarase no momento en que se inicia a relación laboral y, para elo, o traballador deberá entregar á empresa un certificado do Servizo Público de Emprego Estatal co importe da prestación que queda pendente de recibir nese momento.

O traballador tamén poderá completar o seu salario co 25% da prestación que tivera recoñecida e pendente de recibir no momento da súa contratación. O traballador poderá elexir este sistema de xeito voluntario, xa que esto suporá que o traballador vaia consumindo a súa prestación mentras traballa e non poderá recuperala se volvese á situación de desemprego.

Bonificacións da Seguridade Social


Este tipo de contrato tamén dará dereito a aplicar unha serie de bonificacións nas cuotas da Seguridade Social cando el traballador contratado estea inscrito nas Oficinas de Emprego.

En concreto, a contratación de xoves entre 16 e 30 anos, ámbolos dous incluídos, dará dereito á empresa a aplicar bonificacións na cuota empresarial á Seguridade Social segundo o resumo seguinte:

  • 83,33 euros ao mes (1.000 euros/ano) no primeiro ano.
  • 91,67 euros ao mes (1.100 euros/ano) no segundo ano.
  • 100 euros ao mes (1.200 euros/ano) no terceiro ano.
  • Se se procede á contratación de mulleres en sectores nos que este colectivo estea pouco representado, as contías anteriores incrementaranse en 8,33 euros/mes (100 euros/ano).
Se o traballador contratado es maior de 45 anos, e estivo inscrito como demandante de emprego a lo menos doce meses nos dezaoito meses anteriores á contratación, a empresa poderá aplicar unha bonificación na cuota empresarial á Seguridade Social de 108,33 euros/mes (1.300 euros/ano) durante tres anos. No caso de mulleres deste perfil que pertenzan a sectores nos que este colectivo estea menos representado, as bonificacións serán de 125 euros/mes (1.500 euros/ano).

Todas estas bonificacións serán compatibles con outras axudas públicas previstas con esta mesma finalidade, sempre que a suma das bonificacións aplicadas non supere o 100% da cuota empresarial á Seguridade Social.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion